Quantcast
Channel: Economía
Viewing all articles
Browse latest Browse all 44

Dous apuntes sobre Grecia

$
0
0

Anda o patio revolto có tema grego, excuso dicilo. Vivimos momentos históricos, e non só na Grecia.

 

O tema é complexo, e probablemente as dúas partes teñan a súa parte de razón. Con todo, para min hai dúas cousas que son obvias a estas alturas.

 

A primeira é que o discurso moralista do malos que son os gregos, un estado fallido, mentiron nas contas públicas, ninguén paga impostos, etc etc etc., xa non vale. Habería moito que dicir da responsabilidade de Europa por ter deixado entrar a Grecia no clube e no euro, pero se “aceptamos barco”, o certo é que o discurso xa non vale desde 2010. Por que? Porque se un está enfermo por non coidarse, vai ó médico, o médico dalle medicina e instruccións do que ten que facer, o paciente cumple ao 100% có que se lle manda… e o paciente pasa de estar mal a estar a morrer, o problema é o médico.

Desde 2010 Grecia está intervida e aplicando punto por punto o que “os que saben” dixeron hai que facer para que Grecia retome a senda do crecemento e garanta os pagos. O efecto xa o sabemos: unha depresión económica de máis do -30% do PIB. O mínimo é esixirlle ao médico que recoñeza que a mediciña non funciona, e hai que cambiala. Nada diso ofrecen, claro.

 

A segunda, é que se o problema fose económico, a solución á sostibilidade da débeda grega é evidente. E digo, si, evidente, porque temos casos como o grego a diario en todo o mundo, e todos se resolven do mesmo xeito. Di o refrán algo asi como “se non lle pagas 1.000 eur ao banco tes un problema, se non lle pagas 1.000 millóns, o problema é do banco”. Pois ben, un acredor que financia unha empresa faino a cambio duns xuros e asumindo un risco. Se a empresa á que lle prestaches cartos resulta fallida, o problema é agora teu tamén.

Neste caso, a saída para o acredor depende de se falamos dunha empresa reconducible ou dunha definitiva insolvencia. No segundo caso, pouco que facer máis que liquidar e repartir entre acredores, habitualmente con mediación xudicial. Pero no primeiro, a saída para o acredor é asumir o seu erro, e tentar reconducilo. O acredor pasa a ser accionista, e xestionará a empresa có obxectivo de volvela a facer rendible -xa que, se volve ser rendible, recuperará o investido vía beneficios (dividendos).

Grecia, e calquer país soberano, obviamente sempre será un caso do tipo 1, porque un país, a súa xente e as xeracións por vir sempre terán un futuro por diante. A solución para quen prestou cartos a Grecia (e moi en particular, a Troika) é “facerse accionistas” do país: isto é, reestructurar a débeda facilitando que o calendario de pagamentos non impida o bó funcionamento da "empresa", e fixando un tipo de xuro non-fixo, senón en función do crecemento do PIB grego (xa que é a ratio débeda/PIB a que determina a súa sostibilidade). Se Grecia medra, cobras, se non, non. Isto dá opción a que a consolidación das contas públicas sexa condición necesaria (se o Estado grego ten superavit primario, poderá ir amortizando débeda e reducindo a carga) pero non suficiente: a ninguén lle interesará, tampouco aos acredores, que a austeridade mate a economía grega -ou non cobrarás.

 

A solución económica é obvia e aplícase a diario. O último exemplo, hoxe mesmo, Constructora San José. Logo o problema é -e aqui a terceira obviedade do post- 100% político. Syriza non pode dicirlle aos seus votantes que claudica, e a Europa dos mercados non quere expoñerse a que os cidadáns de Portugal, España, Italia, Francia... vexan no pulso grego a Europa o modelo a seguir.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 44

Latest Images

Pangarap Quotes

Pangarap Quotes

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Trending Articles


Pangarap Quotes


Dino Rey para colorear


Libros para colorear


Mandalas de flores para colorear


Dibujos para colorear de perros


Renos para colorear


mayabang Quotes, Torpe Quotes, tanga Quotes


Papa Jack Tagalog Love Quotes and Advice for you


RE: Mutton Pies (mely)


Ang Nobela sa “From Darna to ZsaZsa Zaturnnah: Desire and Fantasy, Essays on...


Gwapo Quotes : Babaero Quotes


Winx Club para colorear


Girasoles para colorear


Sapos para colorear


Vacas para colorear


Dromedario para colorear


Long Distance Relationship Tagalog Love Quotes


Love Quotes Tagalog


Mga Tala sa “Unang Siglo ng Nobela sa Filipinas” (2009) ni Virgilio S. Almario


El Vibora (1971) by Francisco V. Coching and Federico C. Javinal





Latest Images

Pangarap Quotes

Pangarap Quotes

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC